O 22 de xuño de 2013, a directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública ditou resolución do expediente sancionador 2013088TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra a Víctor Martínez Alonso, Calypso.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e seguindo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Víctor Martínez Alonso, Calypso, o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpor recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta dirección xeral, sita en San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de 15 días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en Caixa Galicia conta contable 840, código 001 ou en Caixanova. Recadación Xunta: modelo XTAX, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta dirección xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía executiva.
A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Nº de expediente: 2013088TA-PO.
Denunciado: Víctor Martínez Alonso, Calypso.
DNI/CIF: 35546307Z.
Último enderezo coñecido: Barrio Eidos do Medio, nº 7, 3640 Atios, O Porriño.
Feito imputado: infracción en materia sanitaria.
Preceptos infrinxidos: artigos 7.u), 19.3.b) e 20.1 da Lei 28/2005.
Tipificación: grave.
Sanción imposta: 601 €.