Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38684

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013 pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión de Goberno, do 13 de setembro de 2013, que aprobou anunciar a convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta institución.

En virtude das competencias que me corresponden conforme o artigo 9 do Regulamento de réxime interior do Consello de Contas de Galicia,

RESOLVO:

Facer público o Acordo da Comisión de Goberno do 13 de setembro de 2013 polo que se aproba anunciar a convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia e ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

Luciano Fariña Busto
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

Acordo da Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia polo que se aproba anunciar a convocatoria pública, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no Consello de Contas de Galicia

De acordo co artigo 3 da Lei 6/1985, do 24 de xuño, do Consello de Contas de Galicia, e de conformidade co establecido no artigo 29.2º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, esta comisión de goberno acorda:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I deste acordo.

Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral do Consello de Contas de Galicia (rúa Domingo Fontán, nº 7, Santiago de Compostela), directamente ou polas formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia, conforme o modelo que se inclúe como anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntar á petición un currículum vítae e xustificar, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.

Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo citado no anexo I deste acordo un/unha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento en que presta servizos, e considerarase neste sentido de non emitirse no prazo de 15 días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo. Unha vez tramitado, se é o caso, o seu traslado a este Consello de Contas, procederase á súa toma de posesión no posto para o cal foi seleccionado/a.

Sexto. Esta convocatoria será resolta pola Comisión de Goberno do Consello de Contas de Galicia.

Sétimo. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo de considerarse oportuno.

Oitavo. O prazo de toma de posesión será de tres días hábiles se o destino anterior está en Santiago de Compostela, e dun mes se está en localidade distinta ou comporta o reingreso ao servizo activo.

Noveno. Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido nos artigos 10.1.ap.c e 46.1 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; ou ben recurso potestativo de reposición ante o órgano que ditou a resolución no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo establecen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

ANEXO I

Nº de vacantes: 1.

Nº do posto de traballo: 045.

Localidade: Santiago de Compostela.

Institución: Consello de Contas de Galicia.

Posto de traballo: técnico de auditoría.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel c. destino: 26.

Específico: 16.143,36 €.

Adscrición Adm. púb.: A12 (C.A. Galicia, outras CC.AA., Estado e corporacións locais).

Méritos preferentes: experiencia en auditoría de contas.

ANEXO II
Modelo de solicitude

Datos persoais

Primeiro apelido

Segundo apelido

Nome

DNI

Data nacemento

Corpo ou escala a que pertence

Subgrupo

NRP

Domicilio, rúa e nº

Provincia

Localidade

Teléfono

Destino actual

Organismo

Dependencia

Localidade

SOLICITO: ser admitido/a na convocatoria pública para a provisión dun posto de traballo, polo sistema de libre designación, anunciada pola Resolución do 18 de setembro de 2013 (DOG nº 187, do 1.10.2013), ao considerar que reúno os requisitos exixidos para tomar parte nela:

Designación do posto de traballo

Nivel c. destino

Localidade

Tempo de servizos prestados

No corpo actual

Anos

Meses

Días

Noutros corpos

Anos

Meses

Días

No actual posto de traballo

Outros destinos anteriores

Anos

Meses

Días

Títulos académicos

...........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Coñecemento da lingua:

Curso de iniciación:

Curso de perfeccionamento:

Outros méritos que deban facerse constar de acordo coas bases da convocatoria

...........................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................................

Outros méritos que o/a candidato/a desexe facer constar

(Lugar, data e sinatura)

Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia