Convocado concurso de méritos pola Orde do 21 de marzo de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, para a selección e o nomeamento da dirección dos centros oficiais de ensino pesqueiro dependentes desta consellería (DOG nº 71, do 12 de abril), e á vista da proposta da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, procedeuse ao nomeamento dos/as candidatos/as seleccionados/as. De acordo co artigo 9 da devandita orde, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Facer públicos os nomeamentos dos/as directores/as dos centros oficiais de ensino pesqueiro dependentes da Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, que se inclúen no anexo desta Resolución do 18 de setembro de 2013.
Segundo. Segundo o establecido nas bases da convocatoria da Orde do 21 de marzo de 2013, o nomeamento dos/as candidatos/as seleccionados/as é por un período de catro anos.
Terceiro. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar
ANEXO
Apelidos e nome: Engracia Trillo Varela.
NRP: 00665947724 A2093.
Denominación do cargo: directora do Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Dependencia: Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo.
Localidade: Vigo.
Apelidos e nome: José Marcote Suárez.
NRP: 7634659313 A2093.
Denominación do cargo: director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Dependencia: Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ribeira.
Localidade: Ribeira.
Apelidos e nome: Pedro Riveiro Domínguez.
NRP: 7635446813 A2093.
Denominación do cargo: director da Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Dependencia: Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol.
Localidade: Ferrol.
Apelidos e nome: Anxo Manuel Rosende Fernández.
NRP: 3263156035 A2093.
Denominación do cargo: director do Instituto Galego de Formación en Acuicultura.
Dependencia: Instituto Galego de Formación en Acuicultura.
Localidade: A Illa de Arousa.