Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (447/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 447/2011 deste xulgado se ditou a sentenza cuxo encabezamento e resolución son como segue:

«Sentenza 485/2013.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: reclamación de cantidade 447/2011.

Demandante: Ricardo Cañas López.

Letrado: Sr. Sanmartín Eirín.

Demandado: Progametal, S.L.

Letrado:

Sentenza 485/2013.

A Coruña, 7 de agosto de 2013.

Resolución:

Estimo a demanda formulada por Ricardo Cañas López contra a empresa Progametal, S.L. e, en consecuencia, condénoa a aboarlle ao primeiro a suma de 7.462,91 euros en concepto de salarios debidos, así como o xuro do 10 % desa suma. O Fogasa deberase ater á presente resolución.

Inscríbase esta resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela neste procedemento.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtase de que contra ela se poderá interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se arquivará.

Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino. Javier López Cotelo».

E para que conste e sirva de notificación a Progametal, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 10 de setembro de 2013

A secretaria xudicial