Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 459/2009).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS, os CT parque empresarial de Cee. Modificado I.

Situación: concello de Cee.

Características técnicas:

Reforzo POT806-liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 0,838 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, coa orixe nunha arqueta existente sobre a LMTS POT806 na avda. Fernando Blanco (expediente IN407A 30/2008) e remate no Pa/s proxectado na celosía tipo C-4500 existente.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 0,07 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, coa orixe na LMTS POT806 ao CT Duei e remate na cela telecontrolada para instalar no CT nº 2 do parque empresarial de Cee proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 0,07 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, coa orixe na LMTS POT806 ao CT Tintiben e remate na cela telecontrolada para instalar no CT nº 2 do parque empresarial de Cee proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea, a 20 kV, de 1,293 km de lonxitude, en condutor RHZ1 de 240 mm2 Al, entre os CT nº 1, 2, 3 e 4 do parque empresarial de Cee, coa orixe e remate no CT nº 2 unha vez entre e saia nos CT nº 1, 3 e 4.

4 centros de transformación prefabricados, denominados CT nº 1, 2, 3 e 4 do parque empresarial de Cee, cunha potencia instalada de 630 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V, e as súas celas de MT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 4 de setembro de 2013

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña