Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 187 Martes, 1 de outubro de 2013 Páx. 38675

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 20 de setembro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída no recurso de alzada formulado por Celeste López Ríos.

Con data do 30 de agosto de 2013 a conselleira de Facenda ditou resolución no que respecta ao recurso de alzada formulado por Celeste López Ríos contra a Resolución do 20 de maio de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai pública a actualización definitiva de méritos correspondente ao ano 2012 das listas para a cobertura con carácter transitorio de prazas reservadas a persoal funcionario e a contratación temporal de persoal laboral da Xunta de Galicia.

Logo de tentar, por dúas veces, a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado pola interesada para os efectos de notificacións, esta non se puido practicar, e foron devoltas polo dito servizo, por non retirado tras os dous intentos en que consta ausente na repartición

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a Celeste López Ríos a resolución antes referida.

A interesada pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Relacións Laborais da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a presente resolución que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa comparecenza para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que a interesada compareza, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8 e 14.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE núm. 167, do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública