Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38421

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013 pola que se emprazan as partes interesadas no procedemento ordinario 207/2013 interposto polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas.

Na Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o procedemento ordinario número 207/2013 interposto polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas contra a Resolución do 14 de marzo de 2013 (BOE do 22 de abril), pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico superior en relacións internacionais e contra a Resolución do 18 de marzo de 2013 (BOE do 7 de maio) pola que se convocan probas selectivas no dobre sistema de promoción interna e acceso libre para a provisión dunha praza de técnico en prevención de riscos laborais-xefe de servizo.

Notifícase isto para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandadas no prazo de nove días a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG), de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 18 de setembro de 2013

Xosé Luís Armesto Barbeito
Reitor da Universidade da Coruña