Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38420

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Elisa Cadaya González.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Ourense tramítase o recurso 164/2013 (procedemento abreviado), interposto por Elisa Cadaya González fronte á Resolución do 26 de abril de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos (DOG núm. 87, do 7 de maio), pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtida polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de enfermeiro/a, por entender que non se axusta a dereito a puntuación que se lle outorga na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos