Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de setembro de 2013 pola que se notifica a apertura do período de proba no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/14/2013.

A instrutora do expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/14/2013 ditou, o 8 de agosto de 2013, resolución pola que se notifica a apertura dun período de proba de oficio no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/14/2013, incoado polas obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar no lugar de Santa Mariña, na parroquia de Cabreiros, no termo municipal do Corgo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución a María Dolores Seijas Soto, en calidade de promotoras das ditas obras e propietaria da vivenda, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística