Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38519

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de setembro de 2013 pola que se notifica a imposición dunha terceira multa coercitiva (expediente IU3/61/2012-C1).

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 21 de xuño de 2013, resolución pola que se impón unha terceira multa coercitiva a A Cheda Inversións, S.L., como consecuencia de incumprir a Resolución do 20 de agosto de 2009 pola que se ordenaba a demolición das obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Vilaronte, no termo municipal de Foz, provincia de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle a interesada a dita resolución.

Tendo en conta que o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle a interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica está á súa disposición nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situadas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución a interesada pode interpoñer recurso de reposición, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación, ou ben, se non exerce o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística