Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38309

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de xuño de 2013 pola que se clasifica de interese deportivo a Fundación Aros do Miño.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 121, do 27 de xuño de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 24994, no feito 2 da orde, onde di: «Antón Veiga Outeiro, que actúa en nome e representación da Fundación Deportiva y Social de Galicia, Grupo Breogán, e Francisco Giménez Miralles, en nome e representación da Fundación Baloncesto de Galicia», debe dicir: «Antón Veiga Outeiro, que actúa en nome e representación da Fundación Baloncesto de Galicia, e Francisco Giménez Miralles, en nome e representación da Fundación Deportiva y Social de Galicia, Grupo Breogán».