Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38310

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 2 de xullo de 2013 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego da Fundación Aros do Miño.

Advertido erro na dita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 134, do 16 de xullo de 2013, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 28374, no feito 2 da resolución, onde di: «...Antón Veiga Outeiro, que actúa en nome e representación da Fundación Deportiva y Social de Galicia, Grupo Breogán, e Francisco Giménez Miralles, en nome e representación da Fundación Baloncesto de Galicia», debe dicir: «...Antón Veiga Outeiro, que actúa en nome e representación da Fundación Baloncesto de Galicia, e Francisco Giménez Miralles, en nome e representación da Fundación Deportiva y Social de Galicia, Grupo Breogán».