Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 177, do 17 de setembro de 2013, cómpre efectuar as seguintes correccións:
Na páxina 36524, no punto 1 do artigo 12, onde di:
«Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 16».
Debe dicir:
«Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 22».
Na páxina 36547, no anexo III, número 5, onde di:
«Ud. castiñeiro resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.2.b desta orde |
10,00 |
----» |
Debe dicir:
«Ud. castiñeiro resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.2.b desta orde |
12,00 |
----» |
Esta corrección non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.