Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38195

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), imponlle a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios de colaboración subscritos pola Axencia Turismo de Galicia, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia

ANEXO

Convenio

Importe achegado pola Axencia €

Data de sinatura

Convenio de colaboración co Concello da Estrada para a celebración da Rapa das Bestas de Sabucedo

25.000 €

29.4.2013

Convenio de colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e O.U., o Concello de Palas de Rei e a entidade Hermanos Misioneiros de los Enfermos Pobres para levar a cabo obras de limpeza, consolidación e rehabilitación do Castelo de Pambre, Palas de Rei

Sen achega económica

10.5.2013

Convenio de colaboración co Concello de Catoira para a celebración da Romaría Vikinga

20.000 €

10.5.2013

Protocolo de colaboración co Arcebispado de Santiago de Compostela para a cesión de uso dun local sito na Oficina do Peregrino

Sen achega económica

21.5.2013

Segunda addenda ao convenio de colaboración co Concello de Celanova para a reprodución do poboado castrexo en Castroamo

Sen achega económica

24.5.2013

Convenio de colaboración co Concello de Ponteareas para a celebración da festa do Corpus Christi

30.000 €

30.5.2013

Convenio de colaboración coa Fundación Feiras e Exposicións de Ourense para a celebración da 13ª edición de Termatalia

75.000 €

4.6.2013

Convenio de colaboración co Concello da Coruña para a celebración da Festa das Fogueiras de San Xoán 2013

10.000 €

7.6.2013

Convenio de colaboración co Concello da Pobra do Caramiñal para a execución do proxecto denominado de acondicionamento da iluminación da rúa Díaz de Rábago

59.877,82 €

19.6.2013

Convenio de colaboración co Concello de Xinzo de Limia para a realización dos diferentes contidos do Museo do Entroido de Xinzo de Limia, fase II

150.000 €

20.6.2013

Convenio de colaboración coa Asociación de Empresarios e Profesionais Centro Comercial Aberto Compostela Monumental para a realización do VII congreso

20.000 €

25.6.2013

Convenio de colaboración co Consorcio de Turismo Ribeira Sacra para a realización de actividades de promoción e información do turismo na Ribeira Sacra

135.000 €

5.7.2013

Convenio de colaboración coa Mancomunidade do Salnés para a realización de actividades de promoción do turismo na comarca do Salnés

110.000 €

8.7.2013

Convenio de colaboración coa Asociación de Empresas de Turismo de Golf ‘Galicia Destino Golf’ para a promoción turística do golf en Galicia

30.000 €

9.7.2013

Convenio de colaboración coa Asociación de Clubes Náuticos de Galicia-Asnauga para a promoción do turismo náutico en Galicia

30.000 €

9.7.2013

Convenio de colaboración coa Sociedad Española de la Camelia para a promoción da Ruta da Camelia de Galicia

30.000 €

9.7.2013

Convenio de colaboración co Concello de Ortigueira para a celebración do Festival Internacional do Mundo Celta

30.000 €

11.7.2013

Convenio de colaboración co Concello de Cambados para a celebración da Festa do Viño Albariño.

30.000 €

11.7.2013

Convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Ourense para a realización do proxecto de estudo denominado: Ourense, provincia termal

47.920 €

11.7.2013

Convenio de colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Mariña Lucense para a realización de actividades de promoción do turismo

85.000 €

15.7.2013

Convenio de colaboración coa Asociación Gallega de Cámpings y Ciudades de Vacaciones para a promoción do turismo de cámping en Galicia

30.000 €

16.7.2013

Convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para a execución do proxecto de sinalización provincial turística e especial dos límites fronteirizos

100.000 €

17.7.2013

Convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para a mellora da accesibilidade dos recursos turísticos da provincia de Pontevedra

125.000 €

17.7.2013

Convenio coa Mancomunidade de Municipios da Ría de Arousa Zona Norte para a realización de actividades de promoción do turismo no destino Arousa Norte

75.000 €

18.7.2013

Convenio de colaboración co Concello de Verín para a execución da obra de adecuación da Casa da Xuventude para sala de exposicións e oficina de turismo

240.000 €

18.7.2013

Convenio de colaboración coas asociacións: Ruta do Viño Rías Baixas, Ruta dos Viños de Valdeorras, Ruta do Viño do Ribeiro, Ruta do Viño da Ribeira Sacra e Ruta do Viño Monterrei para a promoción do enoturismo en Galicia

50.000 €

19.7.2013

Convenio marco de colaboración coa Catedral de Santiago de Compostela e a S.A. de Xestión do Plan Xacobeo para a promoción e divulgación dos Camiños de Santiago e a posta en valor do patrimonio da catedral

Sen achega económica

30.7.2013

Convenio de colaboración coa Asociación Provincial de Agencias de Viajes de Pontevedra-Avipo e a Asociación Galega de Axencias de Viaxes-Agavi para a promoción do turismo en Galicia

30.000 €

31.7.2013

Convenio de colaboración coa Asociación Nove, Grupo Gastronómico para a promoción da gastronomía en Galicia

104.778 €

5.8.2013

Convenio de colaboración coa Asociación Galega da Propiedade Balnearia para a promoción do turismo sénior en Galicia

30.000 €

7.8.2013

Addenda ao convenio de colaboración coa Deputación Provincial de Pontevedra para a mellora da accesibilidade dos recursos turísticos da provincia de Pontevedra

20.000 €

28.8.2013

Convenio de colaboración coa Asociación Galega de Feiras/Eventos-Agafe e a Asociación de Palacios de Congresos de Galicia-APCG para a promoción do turismo de negocios en Galicia

30.000 €

31.8.2013