Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Venres, 27 de setembro de 2013 Páx. 38192

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2013 pola que se adxudican as bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia, reguladas na Resolución do 18 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 126, do 4 de xullo) pola que se convocan as axudas para estadías correspondentes a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación con centros radicados en Galicia, alleos ao Sistema universitario de Galicia (SUG), ao abeiro das accións financiables polo FSE de formación de investigadores do Plan galego de investigación, innovación e crecemento 2011-2015.

A Resolución da Axencia Galega de Innovación do 18 de xuño de 2013 (DOG nº 126, do 4 de xullo) aproba as bases que rexeneran a convocatoria de bolsas para estadías correspondentes a investigadores e tecnólogos contratados en centros tecnolóxicos de Galicia e en organismos públicos de investigación, alleos ao SUG.

No artigo 2 (Requisitos dos solicitantes e duración máxima da estadía) da mencionada resolución de convocatoria determínanse os requisitos que deberán cumprir os candidatos ás axudas correspondentes ao Programa de bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia. Pola súa banda, no artigo 12 (Avaliación e selección das solicitudes) establécese que a avaliación das solicitudes admitidas a fará a Comisión de Valoración indicada no artigo 11 das bases da resolución de referencia, conforme os criterios de selección establecidos no artigo 12.

Na súa virtude, e atendendo á proposta elaborada na sesión do 12 de setembro de 2013 pola Comisión de Selección establecida no artigo 11 das bases da Resolución do 18 de xuño de 2013, esta Axencia Galega de Innovación

RESOLVE:

Primeiro. Concederlles as bolsas para estadías de investigación no estranxeiro e en centros españois fóra de Galicia aos solicitantes que se relacionan no anexo desta resolución, para a realización de investigación nos destinos que se sinalan, durante o período de tempo e na contía que se indica en cada caso.

Segunda. As axudas concedidas que se financian con cargo á aplicación orzamentaria 08.A3.561A.480.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 correspóndense coa distribución que se indica na táboa seguinte:

Tipo de axuda

Aplicación orzamentaria

Anualidade 2013

Bolsa para estadías fóra de Galicia

(*) 08.03.561A.480.0

55.140 €

(*) A aplicación orzamentaria 08.03.561A.480.0 está dotada co Fondo Social Europeo (FSE). As bolsas terán un cofinanciamento do 80 % e integraranse no marco do programa operativo FSE Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 80.

Terceira. Todas as solicitudes para as que se propón o seu financiamento cumpren os requisitos establecidos nas correspondentes bases da convocatoria.

Cuarta. En relación coa aceptación, a renuncia e as obrigas dos beneficiarios, estes ateranse ao disposto nos artigos 17 e 22 das bases da resolución de convocatoria, así como ao disposto nos artigos 18, 19 e 20 da mencionada resolución sobre xustificación, pagamento da bolsa, compatibilidade e publicación dos resultados obtidos.

Quinta. Contra esta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente, poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, perante o presidente da Axencia Galega de Innovación, segundo o disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 2013

Manuel Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Concedidos convocatoria 2013

Aplicación orzamentaria 08.03.561A.480.0

Nome

NIF

Destino

Axuda instituc.


meses

Total
meses

Total

Álvarez Rodríguez, Juan A.

76413247W

Aarhus (Dinamarca)

600 €

2

3.000 €

3.600 €

Asensio Campazas, Alberto

10079747C

St. Etienne (Francia)

600 €

2

3.000 €

3.600 €

García Seoane, Eva

36172831H

Palma de Mallorca

400 €

1

1.200 €

1.600 €

Jiménez Esquinas, Guadalupe

45740938X

Bos Aires (Arxentina)

1.000 €

3

4.500 €

5.500 €

Losada Mateo, Ricardo

76723317D

Bremen (Alemaña)

600 €

2

3.000 €

3.600 €

Martín Míguez, Belén

25462315G

Lisboa

400 €

2

2.400 €

2.800 €

Mirás Avalos, José M.

53163296S

Valencia

400 €

2

2.400 €

2.800 €

Mosquera Fernández, Maruxa

78492883R

Massy (Francia)

600 €

2

3.000 €

3.600 €

Piñeiro Ben, Enrique

44825118G

Zaragoza

400 €

2

2.400 €

2.800 €

Rodríguez Senín, Elena

33293305T

Delft (Países Baixos)

600 €

2

3.000 €

3.600 €

Saborido Rey, Juan F.

33500516G

Arabia Saudí

1.000 €

6

11.400 €

12.400 €

Santiago Carabelos, Rogelio

44077564L

Cerdanyola del Vallès

400 €

1

1.200 €

1.600 €

Señorán Martín, José María

76114948J

Madrid

400 €

2,7

3.240 €

3.640 €

Sieiro Piñeiro, María del Pilar

44461999D

León

400 €

3

3.600 €

4.000 €

Total

55.140 €