Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38075

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 11 de setembro de 2013 pola que se declara deserto un posto vacante convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 4 de xuño de 2013.

Mediante Orde do 4 de xuño de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 113, do 14 de xuño, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería do Medio Rural e do Mar que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se indica no anexo desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012; DOG do 12 de marzo)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Denominación do posto: secretario/a do secretario xeral.

Código: MR.201.00.000.15770.001.

Nivel: 18.

Complemento específico: 5.526,48 €.

Grupo: C1/C2.

Corpo/escala: xeral.

Formación específica: 020-641.

Adscrición administracións públicas: A11.

Centro destino: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Descrición dos códigos da adscrición ás administracións públicas:

A11: adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA.

Descrición dos códigos da formación específica:

020: coñecementos de informática nivel usuario (mérito).

641: para persoal doutra administración, curso de iniciación de galego (requisito indispensable).