Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38077

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 11 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios posto de traballo vacantes na Consellería do Medio Rural e do Mar, mediante Orde do 6 de agosto de 2013 (DOG nº 159, do 22 de agosto), de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da referida orde, esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicarlles destino, nos postos de traballo que se indican, aos/as funcionarios/as que se expresan no anexo desta orde, seleccionados/as conforme o establecido nas bases da convocatoria, realizada por Orde desta consellería do 6 de agosto de 2013.

Segundo. O cesamento no actual destino dos/as funcionarios/as que obtiveron praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Se na data en que debe cesar no seu destino o/a funcionario/a está gozando un período de licenza, vacacións ou permiso, o prazo para efectualo empezará a contar a partir do día seguinte ao da súa incorporación.

A toma de posesión da praza adxudicada deberase realizar no prazo de tres días seguintes ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade en que actualmente presta os seus servizos o/a funcionario/a, ou no prazo dun mes, de tratarse de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro. O xefe do centro en que cause baixa o/a funcionario/a, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e de toma de posesión, das cales se dará traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante esa consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no DOG, de conformidade co establecido la Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Barreiro González, Juan Carlos.

NRP: 3276255135 A2067.

Grupo: A1.

Corpo/escala: facultativo superior da Xunta de Galicia, escala de veterinarios.

Denominación do posto: xefatura de Coordinación da Área do Mar.

Código: MR.C99.10.901.15001.001.

Nivel: 28.

Dependencia: xefatura de Coordinación da Área do Mar, A Coruña.

Localidade: A Coruña.

Apelidos e nome: Fernández Asensio, Pablo Ramón.

NRP: 0307627124 A207B.

Grupo: A/A2.

Corpo/escala: facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala executiva do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Denominación do posto: xefatura de Coordinación da Área do Mar.

Código: MR.C99.10.901.27650.001.

Nivel: 28.

Dependencia: xefatura de Coordinación da Área do Mar, Lugo (Celeiro).

Localidade: Celeiro.

Apelidos e nome: Lorenzo Santos, Sonia.

NRP: 3604199535 A2060.

Grupo: A1.

Corpo/escala: superior da Administración da Xunta de Galicia.

Denominación do posto: xefatura de Coordinación da Área do Mar.

Código: MR.C99.10.901.36560.001.

Nivel: 28.

Dependencia: xefatura de Coordinación da Área do Mar, Vigo.

Localidade: Vigo.