Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38127

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a contratación do servizo de desenvolvemento da historia clínica electrónica orientada ao seguimento integral do paciente en todo o continuo asistencial, que facilite a atención ao paciente crónico, dentro dos subproxectos IS-3-Hospital na casa e IS-5-Fogar dixital (AB-SER1-13-069).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

7) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 28.10.2013.

d) Número de expediente: AB-SER1-13-069.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: desenvolvemento da historia clínica electrónica orientada ao seguimento integral do paciente en todo o continuo asistencial, que facilite a atención ao paciente crónico, dentro dos subproxectos IS-3-Hospital na casa e IS-5-Fogar dixital.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 30.11.2015.

e) Admisión de prórroga: non.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 72000000-5.

3. Tramitación, procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables de forma automática (sobre B)

0-50

1. Proposta funcional.

0-25

2. Proposta técnica.

0-10

3. Elementos innovadores tecnolóxicos e organizativos da solución proposta.

0-8

4. Plan de proxecto e plan de negocio.

0-7

Concepto

Puntuación

Criterios valorables de forma automática (sobre C)

0-50

1. Condicións de participación en beneficios de explotación.

0-15

2. Accións ou servizos que faciliten a implantación da solución.

0-15

3. Prazo en meses de servizos en mantemento evolutivo e correctivo da solución.

0-9

4. Achega pola empresa de melloras en funcionalidades do produto relacionadas co obxecto do contrato a través de servizos de desenvolvemento ou achega de produtos propios.

0-6

5. Prezo.

0-5

4. Valor estimado do contrato: 3.244.960,00 euros.

5. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: 3.244.960,00 euros. Importe total: 3.926.401,60 euros.

6. Garantías exixidas.

Provisional: non. Definitiva 5 % do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, de ser o caso (grupo, subgrupo e categoría): grupo V, subgrupo 2 e categoría D.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: ver cláusula 5.3.2.g) e h) do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 28.10.2013.

Se o último día de presentación de solicitudes coincidira en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: catro meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos de publicidade: si, por conta do/dos adxudicatario/s.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 20.9.2013.

12. Outras informacións: cofinanciado nun 80 % por Fondos-Feder-Fondo tecnolóxico, eixo 1, tema prioritario 02.

Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos