Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a adquisición, almacenamento, xestión e distribución da subministración sucesiva de paquetes preventivos de inxección hixiénica para usuarios de drogas inxectadas (UDI) (MS-CON1-13-023).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Sanidade.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

4) Teléfono: 881 54 27 87.

5) Telefax: 881 54 27 62.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Número de expediente: MS-CON1-13-023.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: adquisición, almacenamento, xestión e distribución da subministración sucesiva de paquetes preventivos de inxección hixiénica para usuarios de drogas inxectadas (UDI).

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Prazo de execución/entrega: desde a súa formalización ata o 31 de decembro de 2013.

e) Admisión de prórroga: si.

f) CPV (referencia de nomenclatura): 33141310-6.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, de ser o caso:

Concepto

Puntuación

Criterios non valorables automaticamente (sobre B)

Oferta económica

0-10

4. Valor estimado do contrato: 184.992,00 euros.

5. Orzamento base de licitación:

a) Importe neto: 77.080,00 euros. Importe total: 84.796,80 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de licitación, excluído o IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, de ser o caso: véxanse os puntos 16 e 17 da folla de especificacións do prego (carátula).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día do prazo de presentación de solicitudes cadra en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.

b) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Admisión de variantes, se procede: non.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: 15 días contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Dirección: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.

c) Data e hora: apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao de finalización do prazo de presentación das ofertas. No caso de que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.

10. Gastos de publicidade: si; serán por conta do/dos adxudicatarios.

11. Outras informacións: véxase o punto 27 da folla de especificacións do prego (carátula).

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013

Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos