Visto o artigo 5.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188, do 25 de setembro),
RESOLVO:
Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental no 12 de agosto de 2013, relativa ao proxecto do parque eólico Mondigo, nos concellos de Barreiros, Ribadeo e Trabada (Lugo), promovido por Esus Energía Renovables, S.L., e que se poderá consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, cuarto andar, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas