Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilamarín (expediente IN407A 2013/45-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT, RBT Malladoiro II.

Situación: Vilamarín.

Características técnicas:

– LMT subterránea a 20 kV de 131 m con condutor RHZ1 e con orixe no apoio HV-13-400 da LMT VLL810 e remate no CT proxectado prefabricado de 250 kVA Malladoiro II e
R/T 20.000/400-230 V.

– RBT aero-subterránea de 723 m en aéreo, con condutor RZ e 102 m en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT proxectado Malladoiro II.

Orzamento: 71.909,43 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1-4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 3 de setembro de 2013

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense