Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Xoves, 26 de setembro de 2013 Páx. 38092

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Guntín (expediente IN407A 2013/25-2, 8109 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMTA LUG802 en Guntín.

Situación: concello de Guntín.

Características técnicas:

– LMTA (tramo I) a 20 kV con orixe no apoio proxectado na LMT LUG802 e final no apoio proxectado na LUG802.

– LMTA (tramo II) a 20 kV con orixe no apoio proxectado na LMT LUG802 e final no apoio proxectado na LUG802.

– LMTS a 20 kV con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado no tramo I da LMT LUG802 tipo C-FL-14/7000-H-35-CA III e final no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado no tramo II da LMT LUG802 tipo C-FL-12/4500-H35-CA III, cunha lonxitude de 215 metros, en condutor RHZ1-240.

– Desmontaxe de dous apoios de formigón e 180 metros de condutor tipo LA-110.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades do transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 27 de agosto de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territoiral de Lugo