Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Martes, 24 de setembro de 2013 Páx. 37764

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (45/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 45/2013 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Paula Novoa Torres contra a empresa Xestión Celular Galega, S.L. Xecega, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Auto:

Na Coruña o 19 de xullo de 2013.

Antecedentes de feito:

Único. O día 1 de xullo de 2013 foi ditada sentenza nos presentes autos. A representación procesual da parte demandante Paula Novoa Torres presentou escrito en que solicitaba aclaración da sentenza, condenando a demandada ao pagamento da liquidación que se lle debía á demandante.

Fundamentos xurídicos:

Único. Ao abeiro do previsto no artigo 267.5 e 6 procede complementar a sentenza ditada de acordo co suplico da demanda. Como se observa no teor literal daquel, dedúcese oportunamente pretensión de condena pecuniaria para o aboamento da cantidade de 1.684,20 euros en concepto de liquidación final, así como xuro legal por mora, téndose omitido o correspondente pronunciamento na resolución ditada, o que habería de impedir, en caso de falta de emenda, a imposibilidade de acudir á execución, coa conseguinte infracción da tutela xudicial efectiva que asiste a parte. O pronunciamento debe ser estimatorio, xa que se debe considerar acreditada a falta de pagamento das cantidades reclamadas de acordo coa documental proposta a aplicación dos artigos 91.2 LRXS e 304 LAC ante a incomparecencia da empresa demandada.

Parte dispositiva:

Procede o complemento da sentenza do 1 de xullo de 2013 ditada nos presentes autos, de tal forma que a súa fundamentación se debe considerar integrada coa recollida na presente resolución, e na súa decisión debe considerarse engadido o seguinte pronunciamento: «Condénase a empresa demandada ao pagamento á demandante da cantidade de 1.684,20 euros en concepto de liquidación final da relación laboral, co xuro por mora do artigo 29.3 ET en canto aos conceptos salariais».

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O maxistrado/xuíz. A secretaria.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xestión Celular Galega, S.L. Xecega, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de xullo de 2013

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial