Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Restaurantes McDonalds, S.A.
Domicilio social: Somera, 5, 28023 Madrid.
Denominación: CS e CT de 250 kVA para restaurante MacDonalds.
Situación: rúa Pegaso, 102, Oleiros, A Coruña.
Características técnicas: CS en caseta prefabricada con 3 interruptores-seccionadores de 24 kV, 400 A. CT en caseta prefabricada con transformador de 250 kVA, 15/0,42 kV, seco. Aparellos de protección e medida en cabinas metálicas prefabricadas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:
Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.
Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables, e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.
Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.
A Coruña, 30 de agosto de 2013
Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña