Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Venres, 20 de setembro de 2013 Páx. 37085

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG nº 136, do 14 de xullo) impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe (€)

Data
sinatura

Protocolo xeral de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para o fomento da doazón de órganos e tecidos na comunidade universitaria

Sen achega económica

20.5.2013

Acordo marco de colaboración subscrito pola Consellería de Sanidade e a Fundación Dieta Atlántica para o desenvolvemento de actuacións conxuntas para a definición e promoción da dieta atlántica como factor de saúde

Sen achega económica

20.5.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Consello Oficial de Colexios Médicos de Galicia para o desenvolvemento do Programa de atención ao médico enfermo Paime

40.095,00

22.5.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas dos alumnos do Máster universitario en xestión e dirección laboral, na especialidade en Dirección laboral de empresas

Sen achega económica

20.2.2013

Convenio de cooperación educativa entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo para a realización de prácticas preprofesionais

Sen achega económica

20.2.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago Compostela para a realización das prácticas en período non lectivo dos/as alumnos/as das titulacións de Medicina e Odontoloxía

Sen achega económica

7.5.2013

Acordo entre o Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade e a Comunidade Autónoma de Galicia para fixar as condicións da adquisición de vacinas da gripe estacional para a campaña 2013/14

Sen achega económica

12.4.2013

Convenio de colaboración entre o Ministerio de Sanidade e Seguridade Social (INSS) e a Comunidade Autónoma de Galicia para o control da incapacidade temporal durante o período 2013 a 2016

Sen achega económica

11.4.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Hotel Begoña, S.A., para a organización da prestación farmacéutica no residencial Carlos IV

Sen achega económica

7.5.2013

Convenio de colaboración polo que se acorda a constitución da agrupación KICGallaecia e se aproban as súas regras de funcionamento

Sen achega económica

31.5.2013

6ª Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo para a xestión do proxecto de investigación Biocaps do sétimo Programa Marco Europeo

Sen achega económica

27.5.2013

Primeira addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria para o ano 2013

79.894,00

11.6.2013

Convenio de colaboración entre a Fundación Paideia e a Xerencia de Atención Integrada da Coruña para a realización de actuacións de acondicionamento da zona axardinada de esparexemento de pacientes no Hospital Marítimo de Oza

Sen achega económica

5.6.2013

Primeira addenda ao convenio do 14 de marzo de 2013, subscrito entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro), para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos adictivos relacionados con dependencias non alcohólicas, pola que se modifica o citado convenio

Sen achega económica

20.6.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Josep Carreras para a loita contra a leucemia (Redmo)

323.700,00

23.5.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí

Sen achega económica

28.6.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ledicia Cativa

Sen achega económica

3.7.2013

Addenda X ao acordo marco de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (Inega), a Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde para a coordinación de actuacións en materia de aforro e eficiencia enerxética e de implantación e desenvolvemento de enerxías renovables

Sen achega económica

24.6.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Barcelona para a realización das prácticas externas do Máster en enfermería de anestesia, reanimación e tratamento da dor

Sen achega económica

19.4.2013

Sétimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade da Coruña e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001

(Bianual) 990.029,67

1.7.2013

Oitavo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Santiago de Compostela e o Servizo Galego de Saúde do 18 de xuño de 2001

(Bianual) 4.801.452,62

1.7.2013

Sétimo acordo de prórroga do concerto subscrito entre a Universidade de Vigo e o Servizo Galego de Saúde do 20 de decembro de 2001

(Bianual) 58.719,64

1.7.2013

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para a colaboración entre os institutos de Investigación Sanitaria de Galicia

Sen achega económica

19.7.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a realización de programas de atención e protección da saúde

4.798.987,01 (Bianual)

8.8.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e as Hermanitas de los Ancianos Desamparados para a organización da prestación farmacéutica na Residencia San Telmo

Sen achega económica

15.2.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto de Saúde Carlos III para a realización en Galicia dun sistema de vixilancia epidemiolóxica molecular da infección por VIH, resistencias transmitidas e tropismo

45.430,00 (Bianual)

29.7.2013

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade –Servizo Galego de Saúde–, a Consellería de Economía e Industria –Axencia Galega de Innovación e Instituto Galego de Promoción Económica–, a Consellería de Medio Rural e do Mar, a Consellería de Traballo e Benestar e a Axencia de Turismo de Galicia da Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo, o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Española de Bioempresas (Asebio), para a organización da Feira Internacional de Biotecnoloxía Española (Biospain 2014)

51.000,00 (Bianual)

29.7.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e os colexios oficiais de farmacéuticos da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra sobre prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Colexio de Ópticos-Optometristas de Galicia sobre prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Gaes, S.A. sobre prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Española de Empresas de Tecnoloxía Sanitaria Fenin, sobre prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

19.7.2013

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Centro Auditivo CES, sobre procedemento da prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

23.8.2013