Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Xoves, 19 de setembro de 2013 Páx. 37044

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 2 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social, pola que se notifica o alzamento da paralización do expediente sancionador e a iniciacion do dereito de audiencia no expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orden social número 2010/0019-0.

Intentada a notificación no domicilio coñecido por esta dirección xeral ao titular da empresa que se indica a continuación e non sendo posible a súa práctica, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, o acordo do levantamento da paralización do expediente administrativo, así como a iniciación do prazo de oito días, a partir do seguinte ao da súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia segundo o establecido no artigo 18.4º do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral sobre procedementos para a imposición de sancións por infraccións na orde social.

Expediente: 2010/0019-0.

Acta de infracción: 41874/2010/4/T.

Empresa: Ábside Recursos Humanos ETT, S.A.

Enderezo: praza de Galicia, 19-1º, 36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Proposta de sanción: 28.127 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción incoada á empresa.

– Escrito de alegacións da empresa expedientada.

– Acordo de paralización da tramitación do expediente.

– Sentenza do Xulgado do Social número 3 de Pontevedra de data 18.4.2011.

– Sentenza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do día 28.6.2013.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Traballo e Economía Social