Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36962

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de actividade (expediente 172/2013-2.6.2).

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expedente nº 172/2013-2.6.2 que se tramita por instancia de Paz Fernández Campo, para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de ampliación de actividade de carpintaría, fábrica de ataúdes e almacén, nas parcelas 4 e 5 do parque empresarial de Bóveda.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Lugo e no Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se é o caso, as alegacións ou observacións que considere convenientes.

Bóveda, 28 de agosto de 2013

José Luis Rivera Saco
Alcalde en funcións