Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato, tramitado polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, para o servizo de mantemento de xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2013-SESE 03-PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18653

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación do servizo de mantemento de xardinaría interior e exterior dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, que figuran no anexo I do prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 77311000-3 Servizos de mantemento de xardíns e parques, e seis máis.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 15 de abril de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.545.322,32 €, IVE excluído (valor inicial máis as posibles prórrogas e modificacións).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 735.867,77 €.

Importe total: 890.400,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 23 de xullo de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 14 de agosto de 2013.

c) Contratista: Cespa Jardinería, S.L. Sociedad Unipersonal.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 661.247,10 €.

Importe total: 800.109,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza