Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo especial.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2013 CON 05 PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19113

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: xestión e explotación do servizo de cafetaría no Complexo Administrativo San Caetano da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela e a instalación e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e produtos sólidos (vending) nos edificios administrativos da Xunta de Galicia en Santiago de Compostela, Ferrol, Lugo e Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 55330000-2 Servizos de cafetaría e 55400000-4 Servizos de subministración de bebidas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 26 de xuño de 2013.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do canon do contrato: 12.000,00 € (valor inicial máis as posibles prórrogas).

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de agosto de 2013.

b) Data da formalización do contrato: 26 de agosto de 2013.

c) Contratista: Ayaso Sainz Alberto 000569266B S.L.N.E.

d) Importe do canon:

Importe total (4 anos): 8.000,00 €.

Importe total coa prórroga (6 anos): 12.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza