Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36937

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Pereiro de Aguiar (expediente IN407A 2013/47-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT derivada Calvelle.

Situación: O Pereiro de Aguiar.

Características técnicas: LMT aerosubterránea, a 20 kV, de 821 m en aéreo con condutor LA-56/54,6 mm2 e 737 m en subterráneo con condutor RHZ1, con orixe en apoio existente da LMT VLL813, entre derivadas ao CT Os Patos (32A901) e CT As Campinas-Paderne (32AN90) e remate no CT existente Calvelle (32C868).

Orzamento: 104.978,05 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, por duplicado, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Así mesmo, durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 27 de agosto de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente 2013/47.

Concello: O Pereiro de Aguiar. Provincia: Ourense.

LMT derivada Calvelle.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos/Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml. aér.

ml sub.

m2 aér.

1

Os Pozos

Prado

Manuel Gómez Torres

Travesía de Vigo, nº 158, 7 dta., 36206 Vigo, Pontevedra

1

2

62

620

1A

Os Pozos

Prado

Celsa Gómez Torres

Travesía de Vigo, nº 88, 6, 36206 Vigo, Pontevedra

2

1

30

290

7

Os Pozos

Monte alto

Claudio Lorenzo Varela

A Zamorana, s/n, 32900 O Pereiro de Aguiar, Ourense

3

2

20

336

11

As Bouzas

Monte alto

Manuel Gómez Torres

Travesía de Vigo, nº 158, 7 dta., 36206 Vigo, Pontevedra

9

144

27

Susalgueiros

Prado

Delfina Gómez Gómez

Quintela, s/n, 32792 O Pereiro de Aguiar, Ourense

5

1

64

640

30

O Tombo

Prado

Manuel Gómez Torres

Travesía de Vigo, nº 158, 7 dta., 36206 Vigo, Pontevedra

6

1

13

130

36

A Nogueira

Prado

Celsa Gómez Torres

Travesía de Vigo, nº 88, 6, 36206 Vigo, Pontevedra

7

2

15

140