Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 178 Mércores, 18 de setembro de 2013 Páx. 36939

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a declaración de utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación que leva implícita, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello do Carballiño (expediente IN407A 2013/49-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización, a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LMT, CT e RBT Vilar.

Situación: O Carballiño.

Características técnicas: LMT subterránea, a 20 kV, de 685 m de lonxitude con condutor RHZ1, con orixe na LMT ALB802 Boborás-2 e remate no CT proxectado, prefabricado, de 160 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea de Vilar, A Grova e Ponte Veiga, de 1.070 m en aéreo, con condutor RZ, e 437 m en subterráneo, con condutor XZ1, con entrada e saída no CT proxectado.

Orzamento: 164.838,91 euros.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, por duplicado, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Así mesmo, durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Ourense, 28 de agosto de 2013

P.S.L. (Decreto 110/2013, do 4 de xullo)
María D. Pérez Ayuso
Xefa do Servizo de Enerxía e Minas

anexo
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2013/49.

Concello: O Carballiño. Provincia: Ourense.

LMT, CT e RBT Vilar

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos/Enderezo

Afeccións

Ocupación (m2)

1

Caracochas

Monte baixo

Leopoldo Barroso Río

Estrada O Irixo, nº 15, 1, 32500 O Carballiño, Ourense

CT

24,44