Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (100/2013).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 100/13 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Rozas Anido contra Luis Ceide, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda interposta Jesús Rozas Anido, representado polo letrado Sr. Pérez Domínguez, contra a empresa Luis Ceide, S.L., que non compareceu malia estar citada en legal forma, e contra o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), representado polo letrado Sr. Linares Ferrer, debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da parte demandante, producido o 27.12.2012 con efectos dese día, e a extinción desde a data da presente resolución da relación laboral existente entre a parte demandante e a citada empresa, e condeno esta última a que indemnice a parte demandante coa cantidade de 3.874,28 euros, sen prexuízo da responsabilidade que ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) corresponda.

Iso con imposición de custas á parte demandada (incluídos os honorarios do letrado da parte contraria interveniente, ata o límite de 600 euros).

Notifíquese esta resolución ás partes, coa advertencia de que, contra esta cabe interpoñer recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dentro dos cinco días seguintes ao da súa notificación, por conduto deste xulgado ante o que deberá ser anunciado tal propósito mediante comparecencia ou por escrito e cos demais requisitos exixidos nos artigos 191 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social.

E para que sirva de notificación en forma a Luis Ceide, S.L., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 29 de agosto de 2013

O secretario xudicial