Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36694

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 3 de setembro de 2013 pola que se declara deserto un posto vacante nesta consellería convocado para a súa provisión, polo sistema de libre designación, pola Orde do 31 de xullo de 2013.

Por Orde do 31 de xullo de 2013, publicada no Diario Oficial de Galicia número 152, do 9 de agosto, convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo vacante na Consellería de Facenda que se detalla no anexo desta orde.

De conformidade co establecido nos artigos 17.4 e 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e, no Decreto 93/1991, do 20 de marzo, que aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Declarar deserto o posto de traballo que se detalla no anexo I desta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común ou, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, conforme os artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda

ANEXO

Datos do posto de traballo:

Denominación: Xefatura do Servizo de Tesouraría.

Nivel: 28.

Código: FCC060000315770005.

Centro directivo ou dependencia: Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro.

Localidade: Santiago de Compostela.