Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36425

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013 pola que se anuncia a licitación do procedemento aberto multicriterio, non suxeito a regulación harmonizada, con trámite ordinario, da obra de reforma do proxecto de mellora da seguridade viaria na ponte do Burgo, cofinanciado pola Unión Europea nun 80 %, programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 23.2 (clave AC/13/051.06.).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Axencia Galega de Infraestruturas.

b) Dependencia que tramita o expediente: Área de Contratación e Administración.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Área de Contratación e Administración.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4) Teléfono: 981 54 49 86.

5) Telefax: 981 54 47 91.

6) Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/ (prego de cláusulas administrativas particulares, cadro de características). Tamén se poderán obter o prego de cláusulas administrativas, o cadro de características, o proxecto e o soporte dixital na copistaría CopyNino, rúa dos Feáns nº 19, e Rosalía de Castro nº 58, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña; teléfono +34 981 58 89 38.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: reforma do proxecto de mellora da seguridade viaria na ponte do Burgo (AC-211).

Clave do expediente: AC/13/051.06 (E/049/2013).

Orzamento base de licitación: 406.131,96 euros (IVE excluído). IVE: 85.287,71 euros. Total: 491.419,67 euros. Cofinanciamento da Unión Europea nun 80 %, programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 23.2.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Enderezo da internet do perfil do contratante:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19520

(prego de cláusulas administrativas particulares e cadro de características).

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: a oferta economicamente máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Garantías exixidas.

Provisional: non se exixe.

Garantía definitiva: 5 % do orzamento base de licitación (sen IVE). Ver a letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

5. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso: a exixida no punto 2 anterior.

b) A capacidade técnica segundo o especificado no parágrafo I.2 A) do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Os empresarios estranxeiros non clasificados deberán acreditar a súa capacidade e solvencia, segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 75 e 77 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

d) Forma xurídica que deberá adoptar a agrupación de contratistas: axustarase aos requisitos previstos no artigo 59 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

6. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará o vixésimo sexto día natural, que non coincida en domingo ou festivo, seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia, sito no edificio administrativo de San Caetano s/n, en Santiago de Compostela, e segundo se especifica no punto 3.4 do prego de cláusulas administrativas particulares, ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

3) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Admisión de variantes, se procede: non se admiten.

e) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses conforme o artigo 161 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro.

7. Apertura de sobre B e sobre C: terá lugar na data e na hora que serán anunciadas no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/, con 3 días hábiles de antelación á realización do acto público de apertura dos sobres B e C, na sala de xuntas da Axencia Galega de Infraestruturas, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Se por algún motivo houber que modificar o acto público de apertura dos sobres B e C, reflectirase a nova data no perfil do contratante http://www.contratosdegalicia.es/

8. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto «3.6. Constitución e funcionamento da mesa» do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Gastos dos anuncios: por conta do adxudicatario. O importe estimado máximo no DOG por liña: 10,82 euros.

10. No caso de que a información reflectida no enderezo da internet non concorde cos datos publicados no anuncio de licitación, prevalecerá este.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora da Axencia Galega de Infraestruturas