De conformidade co establecido no capítulo VI do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde de 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e da Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde (DOG núm. 139, do 20 de xullo), o xerente de Xestión Integrada de Vigo
RESOLVE:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto vacante de supervisor/a da Área Funcional de Consultas da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, segundo se especifica no anexo desta resolución.
Segundo. As bases da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios das oficinas do Servizo de Persoal da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).
Terceiro. As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse en calquera dos rexistros de entrada da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo, dirixidas ao xerente, no prazo de 20 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Vigo, 19 de agosto de 2013
Mario González González
Xerente de Xestión Integrada de Vigo
ANEXO
Denominación do posto: supervisor/a da Área Funcional de Consultas da Xerencia de Xestión Integrada de Vigo.
Grupo de clasificación: A2.
Nº de vacantes: 1.