Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Luns, 16 de setembro de 2013 Páx. 36377

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 12 de agosto de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se acorda a adxudicación do posto de coordinación de enfermaría de Atención Primaria de Cerdedo.

A Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde (DOG nº 47, do 7 de marzo), e a Orde do 28 de setembro de 2011 pola que se desenvolve a estrutura organizativa de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés e se delegan competencias nos seus órganos directivos (DOG nº 188, do 30 de setembro), modificada pola Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), resolve adxudicar o posto de coordinación de enfermaría de Atención Primaria de Cerdedo á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 12 de agosto de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: coordinación de enfermaría de Atención Primaria de Cerdedo.

Nome e apelidos: Mª Emma Valiñas Barreiro. DNI 35249694-D.