Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36068

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2013 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da obra de melloras do saneamento das parroquias de Padróns e Prado no concello de Ponteareas, e de Arnela-A Chaleira no concello de Mondariz.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Entidade encomendante:

Organismo: Augas de Galicia.

Actuación: obra.

Tipo de tramitación: encomenda de xestión á Empresa de Transformación Agraria, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.

2) Obxecto da encomenda: obra.

Título: melloras do saneamento das parroquias de Padróns e Prado no concello de Ponteareas, e de Arnela-A Chaleira no concello de Mondariz.

Clave do expediente: OH.336.1072.

Descrición: o obxectivo xeral desta obra é dotar e mellorar o saneamento nas parroquias de Padróns e Prado no concello de Ponteareas, e de Arnela-A Chaleira no concello de Mondariz para que alcance a totalidade da poboación.

Orzamento: importe neto: 867.152,65 euros. Importe total: 1.049.254,71 euros.

Data da formalización da encomenda de xestión: 8 de xullo de 2013.

3) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida está incluída dentro do proxecto «Impulso dunha rede intercomunitaria de excelencia ambiental mediante a rehabilitación de ecosistemas fluviais naturais con fins turísticos», con código 0476_AQUATURNAT_1_E, aprobado a raíz da 2ª convocatoria do programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (Poctep) 2007-2013.

Esta actuación encádrase dentro do eixe prioritario de cooperación e xestión conxunta en ambiente, patrimonio e contorno natural, comprendido dentro do citado programa operativo, cunha porcentaxe de cofinanciamento comunitario do 75 % procedente de fondos Feder.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013

P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file