Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36070

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por Aurora del Campo Aristegui, María Pilar Rodríguez Pérez e Diana Pérez Mouriño.

No Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo tramítase o recurso 173/2013 (procedemento abreviado), interposto por Aurora del Campo Aristegui, María Pilar Rodríguez Pérez e Diana Pérez Mouriño, contra a resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos pola que se publica a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais na categoría sanitaria de enfermeiro/a (DOG núm. 87, do 7 de maio de 2013).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos