Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36065

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo integrado de dous helicópteros e brigadas con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2013, 2014 e 2015, proposta 5/13-I (expediente 20/2013).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo, de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo integrado de dous helicópteros e brigadas, formado por un helicóptero tipo pesado e outro helicóptero tipo lixeiro, con destino á prevención e defensa contra incendios forestais durante as precampañas e campañas dos anos 2013, 2014 e 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18995

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 1 de xuño de 2013; BOE nº 138, do 10 de xuño 2013, e DOG nº 118, do 21 de xuño de 2013.

e) División por lotes e número: si, dous.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento base de licitación: importe total: 4.388.832,00 € (exento de IVE).

Valor estimado: 10.030.604,00 euros (exento de IVE) (incluídas posibles prorrogas e ampliacións).

5. Adxudicación e formalización do contrato:

– Lote nº 1: un helicóptero tipo pesado e brigada.

a) Data da resolución da adxudicación: 1 de agosto de 2013.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L.-Europa Agroforestal, S.L.

c) Importe: 3.706.560,00 euros (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 9.8.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a única oferta presentada e cumpre os requisitos sinalados nos pregos.

– Lote nº 2: un helicóptero tipo lixeiro e brigada.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de xullo de 2013.

b) Adxudicataria: UTE Inaer Galicia, S.L.-Europa Agroforestal, S.L.

c) Importe: 634.432,00 euros (exento de IVE).

d) Data de formalización do contrato: 20.8.2013.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta máis vantaxosa para a Administración, ao obter a maior puntuación no procedemento.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar