Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36062

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 21 de agosto de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto, suxeito a regulación harmonizada e tramitación ordinaria, da subministración por prezo unitario de unidades de extracción de sangue (expediente 43/2013).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición do obxecto: adquisición de unidades de extracción de sangue para o diagnóstico de enfermidades animais.

c) División por lotes e número: non.

d) Prazo de execución: desde a sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2014.

e) Admisión de prórroga: si, por dous anos.

f) CPV: 33141300-3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 272.625,00 €, IVE (10 %): 27.262,50 €. Importe total: 299.887,50 €.

Valor estimado: 545.250,00 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións.

7. Garantía exixida: definitiva: 13.631,25 € (5 % do orzamento base de licitación, excluído o IVE).

8. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas) 981 54 57 33 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, desde as 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19458

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o 30 de setembro de 2013.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do 10 de outubro de 2013. A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 22 de agosto de 2013.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2013

P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar