Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 22 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican dúas resolucións xestionadas nesta xefatura territorial.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coas resolucións ditadas nos procedementos instados polos interesados, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da data de publicación deste edicto, comparezan persoalmente ou debidamente representadas no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9, 1º), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, as notificacións entenderanse producidas desde o día seguinte.

A Coruña, 22 de agosto de 2013

P.S. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa

ANEXO

Expediente: TR 341D 2008/2537-1.

Nome: Katia María Freire Pedrouso.

DNI: 44806149X.

Último enderezo coñecido: r/ Amor Ruibal, 31, 3º B, 15702 Santiago de Compostela.

Feito imputado: non relizar a actividade que fundamentou a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Prcepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado co Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.

Expediente: TR 341D 2008/2648-1.

Nome: Susana Martínez Quintana.

DNI: 32702781R.

Último enderezo coñecido: Senra, s/n, 15330 Ortigueira.

Feito imputado: non relizar a actividade que fundamentou a concesión da subvención durante un tempo mínimo de tres anos.

Precepto infrinxido: artigo 16.a) da Orde do 21 de abril de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo, cofinanciado co Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2008.

Contido da resolución: inicio do procedemento de reintegro.