Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36047

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 20 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a procedencia de reintegro de axuda ao Programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade, regulada na Orde do 26 de marzo de 2008 (Diario Oficial de Galicia do 2 de abril), relativo aos expedientes TR347D2008/103-2 e dous máis.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figura como anexo, para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do dia seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, nº 70 baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 20 de agosto de 2013

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: TR347D 2008/103-2.

Nome: Distribuciones Terras do Asma, S.C.

DNI/NIF: E27329176.

Último enderezo coñecido: r/ Alférez Baanante, 46 baixo, 27500 Chantada (Lugo).

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, do anexo D, punto 1 da Orde do 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2008/144-2.

Nome: Domotec Lugo, C.B.

DNI/NIF: E27348010.

Último enderezo coñecido: r/ Pintor Vilamil, 28 baixo, 27400 Lugo.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo os/as traballadores/as contratados/as ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: base novena, do anexo D, punto 1 da Orde do 26 de marzo de 2008, pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de incentivos á contratación por conta allea como medida para favorecer a inserción da mocidade.

Contido da resolución: procedencia de reintegro da axuda.

Nº de expediente: TR347D 2008/184-2.

Nome: Construcciones Germán y Jonata, S.C.

DNI/NIF: J36584159.

Último enderezo coñecido: r/ D-9, 1º porta E, 36500 Lalín (Pontevedra).