Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35919

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 2 de setembro de 2013 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 1 de abril de 2013 de axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2012/13.

Mediante a Orde do 1 de abril de 2013 (DOG do 11 de abril) convocáronse axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario e mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia correspondentes ao curso académico 2012/13, e aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas. As persoas interesadas poden formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria, e atendendo ao acordo elevado pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlle axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia, que se relaciona no anexo I desta orde e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada unha vez presentada a declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas ou concedidas, no caso de sufrir variación nos datos do anexo II achegado dentro do prazo de presentación de instancias. De non existir variación, entenderase cumprido este requisito co documento (anexo II) xa presentado coa solicitude.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial por parte das persoas beneficiarias de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 1 de abril de 2013 (DOG do 11 de abril), e nesta orde, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos

Nome

Centro

Duración da estadía

Contía adxudicada

Álvarez Fariñas

Pedro

CMUS Vigo

Un semestre

360 €

Balboa Alfaya

Diana

CMUS Vigo

Curso completo

540 €

Carro Cribeiro

Xaquín

CMUS Vigo

Curso completo

540 €

Collazo Vázquez

Martina

EASD P. Picasso

Un semestre

360 €

Cudeiro Vázquez

Noel Rodrigo

CMUS Vigo

Un semestre

360 €

Fernández Rodríguez

Andrés

CMUS Vigo

Curso completo

540 €

Peiteado Brea

Alejandro

CMUS Coruña

Curso completo

540 €

Pérez Rodríguez

Jorge Manuel

EASD M. Mateo

Curso completo

540 €

Polo Infante

Carlos Javier

CMUS Vigo

Curso completo

540 €

Portela Varela

Mirian

CMUS Vigo

Un semestre

360 €

Rey Fandiño

Ana

EASD P. Picasso

Un semestre

360 €

Seoane Veiga

Laura

CMUS Vigo

Curso completo

540 €

Vales Fernández

Andrés

CMUS Coruña

Curso completo

540 €

Vázquez Rodríguez

Alicia

EASD P. Picasso

Un semestre

360 €

Vázquez Torres

Santiago Luís

CMUS Coruña

Curso completo

540 €

Vilariño García

Esteban

EASD M. Mateo

Un semestre

360 €

Total

7.380 €