Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Xoves, 12 de setembro de 2013 Páx. 35922

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 19 de agosto de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa para a promoción do emprego autónomo cofinanciado polo Fondo Social Europeo e se procede á súa convocatoria para o ano 2013.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 159, do 22 de agosto de 2013, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 33823, no punto 4, terceira liña, onde di: «... do parágrafo anterior, teñan o seu domicilio fiscal nun concello rural», debe dicir: «... do parágrafo anterior, cando a súa actividade teña o seu domicilio fiscal nun concello rural».