De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas a resolución que desestima o recurso de reposición RR-003/13 interposto por Akysson Costa Gonçalves contra a resolución do contrato de alugamento co IGVS, tramitado no expediente por falta de pagamento P-037/11 (expte. de construción PO-2004/010, conta 246), que se detalla no anexo.
Pontevedra, 9 de agosto de 2013
(Decreto 317/2009, do 4 de xuño)
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-037/11 (expte. de construción PO-2004/010, conta 246).
Nome: Akysson Costa Gonçalves.
Enderezo: rúa As Teixugueiras, núm. 17, portal 2, 2º F, Vigo, Pontevedra.
Asunto: resolución que desestima o recurso de reposición RR-003/13.
Indicación do contido: acordar a desestimación do recurso de reposición RR-003/13, interposto por Akysson Costa Gonçalves, contra a resolución do contrato do 1.3.2013 ditada polo xefe territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, en relación coa vivenda da rúa As Teixugueiras, núm. 17, portal 2, 2º F, Vigo, Pontevedra, tramitado no expediente por falta de pagamento P-037/11 e identificada co expediente de construción PO-2004/010, conta 246.
Recursos: contra esta resolución, que é firme en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado correspondente dentro do prazo de dous meses contados a partir do seguinte ao da notificación desta resolución, segundo o disposto nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan presentar calquera outro recurso que consideren pertinente.