Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35771

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2013 pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea do contrato de servizo de asesoramento para o proxecto PATCO-ARA Norte. Mozambique.

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea, reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1) Obxecto do contrato.

Título: servizo de asesoramento para o proxecto PATCO-ARA Norte. Mozambique.

Clave do expediente: M.13.038.

Descrición: o obxectivo xeral do proxecto é o de garantir o desenvolvemento da xestión dos recursos hídricos e das infraestruturas hidráulicas de Mozambique, contribuíndo á redución da pobreza da poboación.

Orzamento de adxudicación: importe neto: 17.995,00 euros. Importe total: 21.773,95 euros.

Prazo de execución: 24 meses.

Data da adxudicación: 1 de xullo de 2013.

Contratista: Devalar Consultoría Europea, S.L.

2) Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida cofinánciase pola Unión Europea nunha porcentaxe máxima do 75 % a través do proxecto parcería de apoio técnico á consolidación da Administración Rexional de Augas do Norte (ARA-Norte), Mozambique.

Augas de Galicia é o socio coordinador do mencionado proxecto no marco da convocatoria da DG EuropeAid (da Unión Europea): 10 EDF ACP - EU Water facility Restricted Call for Partnerships for Capacity Development in the ACP Water & Sanitation Sector (EUROPEAID/129510/C/ACT/Multi).

Con data do 2 de agosto de 2011 resolveuse dende a Comisión Europea outorgar a Augas de Galicia unha subvención para o financiamento do proxecto PATCO ARA-Norte asinado pola Unión Europea o 8 de xuño de 2012 e por Augas de Galicia con data do 25 de xuño de 2012 co contrato subvención número 2011/257-073.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2013

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia

missing image file