Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35773

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de agosto de 2013 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/6/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística acordou, o día 22 de xullo de 2013, incoar expediente de reposición da legalidade urbanística a Jorge Román Piñón Muíño, en relación coas obras realizadas en solo rústico de protección agropecuaria sen a preceptiva autorización urbanística autonómica consistentes na construción dunha edificación e instalación dunha barbacoa no lugar de Bouza-Régoa, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que estime pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios dos que pretendan valerse.

Para que conste, e lle sirva de notificación ao citado interesado en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2013

Por substitución (Artigo 3 do Decreto 51/2008, do 6 de marzo)
José Mª Domínguez Blanco
Subdirector da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística