Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35744

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (70/2012).

Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fai saber que na execución número 70/2012 seguida neste xulgado por instancia de Carlos Manuel López Lago contra Pablo Ismael Miranda Lojo se ditou o día 15 de abril de 2013 decreto de insolvencia que é firme no día da data no sentido de declarar o executado Pablo Ismael Miranda Lojo en situación de insolvencia total, por importe de 3.915,79 euros en concepto de principal, máis outros 391,58 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación; insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional, o que se fai público conforme o previsto no artigo 276.5 da Lei reguladora da xurisdición social.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 2013

A secretaria xudicial