Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Martes, 10 de setembro de 2013 Páx. 35743

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Cuarta)

EDICTO (8/2013).

Como consecuencia do expediente disciplinario 8/2013 incoado a Saturnino Segade Costoya, no día de hoxe formulouse un prego de cargos que está á disposición do funcionario a quen se lle abriu o expediente, na Secretaría da Sección Cuarta da Audiencia Provincial de Pontevedra para que, no prazo de dez días desde a súa publicación, poida contestalo coas alegacións que resulten convenientes, coa achega de cantos documentos considere do seu interese e propondo as probas que estime necesarias para a súa defensa.

E para que sirva de notificación a Saturnino Segade Costoya, en paradoiro descoñecido, expido a presente cédula de notificación.

Pontevedra, 3 de setembro de 2013

A secretaria
Rubricado