1. Entidade adxudicadora:
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato:
a) Tipo: servizos.
b) Descrición do obxecto: traballos de deseño, elaboración e difusión dunha campaña de publicidade dirixida á sociedade galega en xeral para informar respecto do Programa de desenvolvemento rural de Galicia.
c) División por lotes e número: non.
d) Prazo de execución: a campaña de publicidade emitirase antes do 1 de decembro de 2013. A enquisa realizarase tras a emisión da campaña e presentarase como máis tarde o 15 de decembro de 2013.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 79341000-6.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.
4. Orzamento base de licitación:
Importe neto: 148.221,69 €, IVE (21 %): 31.126,55 €, importe total: 179.348,24 €.
Valor estimado: 148.221,69 €.
5. Financiamento: fondos propios e Feader segundo as porcentaxes recollidas nos pregos.
6. Requisitos específicos do contratista:
a) Clasificación: grupo T, subgrupo 1, categoría A.
b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, se é o caso: segundo o disposto nas epígrafes J e K da folla de especificacións.
7. Garantías exixidas: garantía definitiva por importe de 7.411,08 €.
8. Obtención de documentación e información:
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 881 99 72 71 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 40 47.
e) Enderezo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=19463
9. Presentación das ofertas:
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela, 15781), e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas:
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do noveno día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
A apertura dos sobres C terá lugar, en acto público, no lugar, data e hora que se comunicará mediante a súa publicación no perfil do contratante e mediante o envío dun fax a cada un dos licitadores.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013
P.D. (Orde do 30.3.2012; DOG nº 70, do 12 de abril)
Alfonso García Magariños
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar